Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hugo Rama volve ao Deportivo despois de sete temporadas

Hugo Rama volve ao Deportivo despois de sete temporadas

O cadro coruñés completa o centro do campo con Pablo Muñoz, procedente do Raio Vallecano

G24.gal 01/09/2023 07:45

O centrocampista de Sigüeiro Hugo Rama ocupa a ficha que deixa libre Isi Gómez. Trátase dun vello coñecido para a afección deportivista porque xogou no cadro branco e azul cando era xuvenil e os dous primeiros anos como sénior no Deportivo B (agora Fabril). 

Rama marchou do Deportivo en 2017 e asinou co Lugo. Os dous primeiros anos estivo cedido en Segunda B, no Cerceda e no Mirandés co que fixo unha gran campaña. Iso permitiulle quedar no Anxo Carro a partir de 2019. En xaneiro de 2022 marchou ao Oviedo, equipo do que procede. 

Pablo Muñoz, un sub-23 que chega do Raio Vallecano

O Deportivo tiña claro que a posición a reforzar neste último día de mercado era o centro do campo. O mediapunta Pablo Muñoz tamén foi asinado desde o Raio Vallecano. Muñoz destacou no xuvenil do club madrileño e o ano pasado ascendeu co filial a 2ª RFEF. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar