Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hugo Sotelo, convocado co Celta Fortuna para xogar diante do Cornellá

Hugo Sotelo, convocado co Celta Fortuna para xogar diante do Cornellá

O filial celeste e o Arenteiro adiantan os seus partidos ao sábado

O Lugo e o Deportivo xogarán o domingo contra o Fuenlabrada e o Teruel respectivamente

G24.gal 08/09/2023 21:46

O Celta B visita o Cornellá o sábado na terceira xornada de liga. Non existen precedentes de enfrontamentos entre os dous equipos. Cos vigueses viaxa Hugo Sotelo. O canteirán, en dinámica co primeiro equipo, entra na convocatoria por primeira vez esta temporada. Pablo Durán, titular na vitoria ante o Tarazona, cre que gañar na casa axudaralles a afrontar as saídas con máis confianza.

Tras perder no Anxo Carro co Deportivo, o Lugo visita o Fuenlabrada. Para esta cita Munitis viaxa con todo o equipo, incluídas as novas incorporacións. O adestrador pensa que, malia non estar no seu mellor momento, o grupo pode competir pola segunda vitoria da temporada.

O Deportivo recibe o Teruel en Riazor. Sen Yeremay, que estará entre seis e oito semanas de baixa por unha fractura no peroné. Idiákez cre que as arbitraxes non están sendo xustas co seu equipo. Ante o Teruel non estará Salva Sevilla. O adestrador non marca prazos para a súa incorporación. Idiákez cre, iso si, que o xogador será determinante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade