A xuíza oficializa a conclusión do concurso de acredores do Deportivo
A xuíza oficializa a conclusión do concurso de acredores do Deportivo
A débeda do Deportivo pasou á historia como o máis grande do fútbol español, 160 millóns de euros
"Acordo declarar (por cumprimento da proposta de modificación de convenio aprobada por sentenza de data do 15 de abril de 2024) concluído o presente procedemento de concurso ordinario número 16/2013 da entidade Real Club Deportivo da Coruña SAD (...)", recolle o auto na súa parte dispositiva.
Esta situación prodúcese despois de que transcorridos dous meses desde que declarou a finalización do mesmo non houbo reclamación algunha a tal decisión, polo que pasa a ser firme, a falta de que poida haber algún outro recurso ao auto emitido este xoves, para o que hai un prazo de cinco días.
Isto significa que a entidade branquiazul cumpriu cos pagos que tiña pendentes con todos os acredores do concurso que pasou á historia como o máis grande do fútbol español, cunha débeda recoñecida pola administración concursal de 160 millóns de euros.