Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moha Bouldini: "Chamoume o Dépor, un club histórico, e estou feliz"

Moha Bouldini: "Chamoume o Dépor, un club histórico, e estou feliz"

O dianteiro marroquí xogou os seus primeiros minutos contra o Rácing de Ferrol

Foto @RCDeportivo
G24.gal 04/09/2024 11:55 Última actualización 04/09/2024 12:34

Case unha semana despois da súa contratación, e tras xogar os seus primeiros minutos contra o Rácing de Ferrol, Moha Bouldini foi presentado como xogador branquiazul, nun acto que ademais foi encabezado por Antonio Méndez, novo axudante de Fernando Soriano.

"Estou moi contento por estes primeiros días. Recibíronme moi ben. Noto sensacións moi positivas despois destes primeiros adestramentos e do partido do outro día", comezou apuntando o xogador marroquí.

Segundo o ariete, non foi unha fichaxe demasiada complicada.

 "Foi todo moi rápido, en apenas dous días. Cando me chamou o Dépor, que é un club histórico e un proxecto que todos coñecemos, gustoume".

"Estaba a ser unha pretemporada moi boa co Levante. Tiña algunhas ofertas de fóra, pero decidín quedarme ata os últimos minutos, que foi cando me saíu o do Dépor. É un grande coas ideas claras, como as miñas, e decidinme nun día", engadiu.

"Fernando Soriano foi sincero comigo, falamos de todo o tema deportivo e o obxectivo do equipo. Dixéronme que necesitaban un dianteiro como eu, que poida axudar. Sentín que me querían e convencéronme rápido", explicou.

Bouldini non se marca retos a longo prazo. 

"Veño a aquí a axudar. O obxectivo é ir partido a partido. Son un máis do barco. Vou tentar marcar goles e a esforzarme en cada adestramento para mellorar".

O ariete advirte da dificultade de xogar en Granada, pero quítalle importancia ao horario e a posibilidade da calor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar