Hydra, a lagoa de Aradelas, no Courel sorprende coas augas turquesas
Hydra, a lagoa de Aradelas, no Courel sorprende coas augas turquesas
A Cova de Folgoso do Courel sorprende cunha masa de auga de cor turquesa
Este ano a espeleoloxía galega está de parabéns tras o achado dun lago na cova de Aradelas, en Folgoso do Corurel, unha masa de auga de 30 metros de lonxitude e catro de profundidade da que chama a atención a intensa cor azul que a caracteriza.
Unha descuberta para a que foi necesario o traballo e a colaboración dun grupo formado por corenta espeleólogos galegos e asturianos.
Campelo estará a dous quilómetros da Cova de Aradelas. Dende os setenta atravesaron esta aldea ducias de espeleólogos para acceder a cova, unha veciñanza que sempre os acolleu con agarimo e protección.
A mañá deste sábado un grupo de espeleólogos animouse a facer unha nova incursión.
O descubrimento de Hydra, o lago subtrerráneo de 30 metros é un aliciente para todos.
O apoio dos veciños, concellos, Xeoparque e Deputación foi esencial para que as expedicións se desenvolvesen con éxito. Agora dar a coñecer o patrimonio que hai baixo o chan é esencial para poder protexelo.
Entre os corenta espeleólogos que descubriron a lagoa está Inma.
As imaxes gravadas polos espeleólogos achégannos a beleza da cova e da lagoa, un ecosistema que esixe coidado e respecto.