Publicador de contidos
Publicador de contidos

Industrias Lácteas Asturianas segue á espera da liquidación xudicial da planta de Tegestacín en Outeiro de Rei

Industrias Lácteas Asturianas segue á espera da liquidación xudicial da planta de Tegestacín en Outeiro de Rei

G24.gal 10/12/2022 20:55 Última actualización 10/12/2022 21:33

A firma Industrias Lácteas Asturianas, que presentou unha oferta pola planta de Tegestacín en Outeiro de Rei, segue á espera de que se resolva a situación desta empresa no xulgado para concretar a compra da fábrica.

Así o confirmou o presidente da compañía asturiana. Francisco Rodríguez. A factoría de Outeiro de Rei leva sen actividade desde finais do ano pasado. Despois de entrar en concurso de acredores, está agora en fase de liquidación.

De confirmarse a compra, Industrias Lácteas Asturianas aumentaría a súa presenza en Galicia, onde xa recolle leite nas comarcas da Terra Chá, de Sarria e do Deza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade