Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inglaterra derrota a Países Baixos e repite posto na gran final

Inglaterra derrota a Países Baixos e repite posto na gran final

Os ingleses repiten final e tentarán vingar a derrota da última edición contra Italia

G24.gal 10/07/2024 22:56

A selección inglesa xogará a final da Eurocopa de 2024 contra España. Inglaterra derrotou pola mínima a Países Baixos e, do mesmo xeito que o combinado español, tivo que remontar o tanto inicial do seu rival. 

Aos sete minutos, Xavi Simons marcou cun gran lanzamento desde a frontal. A sorte para Inglaterra foi atopar o empate pouco despois nunha xogada revisada polo VAR na que o árbitro acabou indicando un penalti cometido a Harry Kane e transformado polo propio xogador do Bayern. 

O partido non nos deixou un gran número de ocasións. Bos minutos por parte de ambos os equipos, pero moitas precaucións defensivas para non estragar o traballo de todo o torneo. Southgate moveu o banco no 80 coa entrada de Palmer e Watkins. E foi este último o que tivo a sorte de marcar o gol da vitoria. Xusto antes, fóralle anulado un tanto a Saka por fóra de xogo, pero Watkins non perdoou e meteu a Inglaterra na segunda final consecutiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos