Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresa en prisión tras entregarse o autor do acoitelamento múltiple de Solingen

Ingresa en prisión tras entregarse o autor do acoitelamento múltiple de Solingen

Está acusado de tres asasinatos, oito tentativas e pertenza a organización terrorista

Os investigadores analizan a veracidade do comunicado do Estado Islámico

G24.gal 25/08/2024 20:15

O xuíz de intrución do Tribunal Federal alemán ordenou este domingo o ingreso en prisión do prestuno autor do acoitelamento de Solingen que deixou tres mortos e oito feridos, catro en estado crítico. Ao detido, de nacionalidade siria, acúsano de tres asasinatos, oito tentativas e pertenza a organización terrorista estranxeira.

Segundo informou a fiscalía xeral do Estado, o sospeitoso, de nacionalidade siria, comparte a ideoloxía radical do Estado Islámico e por ese motivo decidiu matar o maior número de persoas consideradas por el como infieis. Elixiu os asistentes ao festival de Solingen. Alí acoitelou varias persoas no pescozo e no peito. Matou tres, deixou outras oito feridas, desfíxose da arma e fuxiu aproveintando a confusión.

A policía comezou entón unha busca que durou 24 horas. O sábado o fuxido parou un coche policial e entregouse. Tiña a roupa manchada de sangue.  Segundo parece, estivo todo o tempo agochado nun patio interior preto do lugar do atentado. Horas despois varios axentes de policía seguían revisando os colectores de lixo á busca de máis probas e da arma utilizado no ataque, un coitelo de cociña que o acusado colleu do centro de refuxiados onde residía, tras evitar a deportación.

O Estado islámico reclamou a autoría do atentado en vinganza polos musulmáns en Palestina, aínda que os investigadores seguen analizando a veracidade do comunicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade