Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Sociedade Española de Inmunoloxía cuestiona a revacinación indiscriminada

A Sociedade Española de Inmunoloxía cuestiona a revacinación indiscriminada

 Considera innecesario poñer unha terceira dose a xente nova e sa

G24.gal 15/01/2022 22:18

Na Sociedade Española de Inmunoloxía subliñan a eficacia das vacinas contra a covid-19, pero ven innecesario poñer unha terceira dose dos preparados actuais indiscriminadamente.

"Sabemos que a vacinación é efectiva e segue protexéndonos con dúas doses da enfermidade grave, da hospitalización por covid e do falecemento por covid", asegura Yvelise Barrios, doutora en Inmunoloxía do hospital universitario das Canarias (HUC).

Negan que revacinar teña perigo pero non lle ven sentido, especialmente entre a xente nova e sa, e en ocasións coa inmunización que proporciona a maiores ter pasado a enfermidade.

"Non estamos aprobando nada que vaia ser daniño para as persoas, porque non o é. Simplemente non achega un beneficio engadido".

Tamén propoñen que a cuarta dose a inmunodeprimidos se estude caso a caso e insisten en que o mellor para todos é utilizar ben os recursos.

"Vacinar os que non están vacinados, en todo o mundo. Ademais cremos que as vacinas de nova xeración formuladas con antíxenos de variantes novas son máis interesantes que seguir inmunizando co mesmo antíxeno".

Algúns inmunólogos engaden ademais que activar de forma moi continua o sistema inmunitario pode diminuír a súa resposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos