Moreno pide a retirada da cota catalá e unha Conferencia de Presidentes para pactar o financiamento autonómico
Moreno pide a retirada da cota catalá e unha Conferencia de Presidentes para pactar o financiamento autonómico
Moreno pide a retirada da cota catalá e unha Conferencia de Presidentes para pactar o financiamento autonómico
O lehendakari ofrece o apoio do PNV para darlle estabilidade á lexislatura
O presidente de Andalucía resumiu en tres palabras o que buscan as cen propostas que levou á Moncloa: "Cohesión, igualdade e solidariedade", dixo.
Son o contrario, considera, do que pretende o Goberno para España ofrecéndolle un financiamento singular a Cataluña. Moreno Bonilla pediulle directamente a Pedro Sánchez que o retire.
"Que desista da idea canto antes. Do contrario Andalucía fará valer o seu peso demográfico e político e acudirá a onde teña que facelo para que non saia adiante", di Moreno Bonilla.
Como xa fixera o presidente da Xunta, o andaluz pediulle tamén a Pedro Sánchez que convoque unha Conferencia de Presidentes para abordar o tema. Desde o Goberno din avanzan que a convocarán antes de que acabe o mes, pero advirten que non é o foro para falar de financiamento autonómico.
Ángel Víctor Torres, o ministro de Política Territorial, di: "A Conferencia de Presidentes ten unha orde do día pechada e o foro adecuado é o Consello de Política Fiscal e Financeira".
O lehendakari vasco foi a nota discordante. O único que non levou a cota catalá á súa reunión na Moncloa.
"Non vou meterme en casa allea porque non me gusta que ninguén se meta na casa das vascas e dos vascos", dixo.
Si que falaron da estabilidade do Goberno de Sánchez. Pradales ofreceulle apoio.
"Euskadi vai xogar a favor da estabilidade do Estado", manifestou.
O lehendakari reclamou acelerar a transferencia de competencias e culminar este ano as da xestión do litoral e o AVE a Euskadi.