Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a aparición dun cadáver nun inmoble abandonado da Coruña

Investigan a aparición dun cadáver nun inmoble abandonado da Coruña

O corpo estaba xa en avanzado estado de descomposición

A voz de alarma dérona uns graffiteiros que accederon ao edificio

G24.gal 11/03/2025 14:07

O corpo, que estaba xa en avanzado estado de descomposición, apareceu no cuarto andar polo que, para a súa retirada, foi necesaria a intervención dos bombeiros.

"Vin que estaban os bombeiros na estrutura e preguntei porque eu tiña que ir alí a facer uns traballos. Pero daquela non me deixaron pasar e foi cando me dixeron que había un cadáver", explica un obreiro que traballa na zona.

A voz de alarma dérona uns graffiteiros despois das dúas da tarde deste luns.

O cadáver, do que polo momento se descoñece a súa identidade, estaba xa en avanzado estado de descomposición. A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer o sucedido e, polo momento, está á espera do resultado da autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade