Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un roubo no Club de xubilados de Domaio, en Moaña

Investigan un roubo no Club de xubilados de Domaio, en Moaña

Os ladróns, que se cre que só buscaban cartos, levaron un botín que se aproxima aos 300 euros

G24.gal 10/03/2025 14:02

A Garda Civil investiga un roubo no club de xubilados de Domaio, en Moaña

Os ladróns tentaron forzar unha porta para entrar no inmoble de noite. Ao non conseguilo, fixérono por unha ventá. Causaron estragos no local. Deixaron as oficinas revoltas e tamén a cafetería, de onde levaron diñeiro en efectivo, uns 300 euros.

Con ironía, as vítimas do roubo contan que roubaron chocolate e ata levaron as esmolas á Virxe pero pensan que só buscaban cartos xa que non desapareceu ningún obxecto de valor

A Policía Científica tomou pegadas no lugar e investiga quen pode estar detrás do roubo. Na mesma semana, tamén en Domaio, tentaron roubar na gasolineira. Neste caso os axentes detiveron un dos ladróns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade