Publicador de contidos
Publicador de contidos

Italia despide a Sassoli cun funeral de Estado

Italia despide a Sassoli cun funeral de Estado

Participaron a presidenta da Comisión Europea e outros líderes como presidente español, Pedro Sánchez

O féretro de David Sassoli cubriuse cunha bandeira da Unión Europea, á que serviu como presidente do Parlamento

G24.gal 14/01/2022 21:15

Autoridades europeas e, sobre todo italianas, despedíronse do que foi presidente do Parlamento Europeo, o italiano Dávid Sassóli. Faleceu o martes e en Roma ofrecéronlle un funeral de Estado.

Un funeral de Estado en que participaron a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, moi conmovida, ou outros líderes como presidente español, Pedro Sánchez.

O encargado de presidir a cerimonia relixiosa foi nada menos que un cardeal, Matteo Zuppi, coñecido por ser moi próximo ao Papa en cuestións coma as migracións e que foi compañeiro no colexio de David Sassoli aquí en Roma.

Eloxiou o seu traballo pola unidade e a solidariedade no continente en liña cos valores cos que naceu a Unión.

De feito, o féretro de David Sassoli cubriuse cunha bandeira da Unión Europea, á que serviu como presidente do Parlamento desde 2019 ata o día que faleceu, o pasado martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade