Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iván Cruz "Neste mes inactivos tivemos que esixirnos máis nos adestramentos"

Iván Cruz "Neste mes inactivos tivemos que esixirnos máis nos adestramentos"

O pívot madrileño valorou o triunfo breoganista ante Andorra

G24.gal 12/12/2021 15:22

Tras vinte oito días de inactividade competitiva, o Río Breogán regresou con éxito á Liga ACB derrotando a Andorra e sumando o sexto triunfo da temporada ante un Pazo dos Deportes de Lugo ateigado de seareiros. Papel destacado tivo Iván Cruz, que atendeu ao Galicia en Goles ao remate do encontro.

"Era unha incógnita. Traballamos mes durante estos días sen competir. Tivemos que adestrar e esixirnos máis. O equio fixo ben as cousas. Cando perdes o ritmo é difícil voltar. Ao comezo costounos un chisco pero logo refixémonos e sacamos un partido adiante"

O madrileño estivo moi activo tanto en defensa como en ataque e así llo recoñeceu a afección.

"Temos que ir partido a partido. É a nosa filosofía e hai que seguir coa mesma concentración. Ter seis triunfos é importante nestas alturas pero é moi longo. Eu estiven ben, teño confianza en Paco e el en min. Fago o que el me pide. Sempre estou en rebote, en defensa.... Eu confío nel a morte"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade