Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jenni Hermoso, ante a Fiscalía: "Non merezo ter vivido todo isto"

Jenni Hermoso, ante a Fiscalía: "Non merezo ter vivido todo isto"

Sae á luz a declaración da xogadora na Audiencia Nacional

Asegura que o bico non foi consentido e que se sentiu "violentada ou violada"

G24.gal 10/10/2023 07:42

Jenni Hermoso, internacional española, asegurou na súa declaración perante a Fiscalía polo caso Rubiales que o bico que recibiu do entón presidente da RFEF non foi consentido e que non se sentiu respectada "nin como xogadora nin como persoa". Segundo Hermoso "non merece ter vivido algo así porque desde entón é moi difícil saír da casa". 

A declaración da xogadora na Audiencia Nacional foi adiantada polo programa Código 10. Hermoso asegurou que non agardaba unha actitude como a de Rubiales: "Foron segundos e en ningún momento me sentín cómoda". 

"Mancharon a miña imaxe. Sentín como traballadora da Federación que ninguén me protexía. Eles pedíanme que os axudara pero en ningún intre sentín que me estiveran protexendo a min. Ter que marchar de Madrid para non sentir esa presión de xente que só quería facerme dano", respondeu a xogadora do Pachuca mexicano a preguntas de Marta Durántez, fiscal da AN. 

Na cerimonia da entrega de medallas Hemoso fala da seguinte secuencia: "Eu abraceino e o primeiro que lle dixen foi: a que leamos. El salta sobre min e dime: Este Mundial gañámolo grazas a ti. E o seguinte xa foron as súas mans na miña cabeza, non escoitei nada máis e xa me vin co bico na boca". Asegurou que non tivera capacidade de reacción porque non o agardaba. 

Á pregunta de se nalgún momento o bico foi consentido respondeu cun contundente "non" e á pregunta sobre se se sentiu "violentada ou violada" respondeu: "Si, claramente sentinme non respectada, nin como xogadora nin como persoa". 

O caso Rubiales continuará este martes cando comparezan como investigados o exseleccionador Jorge Vilda e o director de Mercadotecnia da RFEF Rubén Rivera. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade