Publicador de contidos
Publicador de contidos

A parada pola chuvia sepulta as opcións de Jéssica Bouzas en Roland Garros

A parada pola chuvia sepulta as opcións de Jéssica Bouzas en Roland Garros

A vilagarciá dominaba o partido no último set por 4-1 cando tivo que ser suspendido

No recomezo a croata Jana Fett remontou e acabou gañando o terceiro set por 5-7

G24.gal 26/05/2024 15:29 Última actualización 26/05/2024 17:59

A galega Jéssica Bouzas estaba a gañar na primeira rolda de Roland Garros cando o partido tivo que ser suspendido pola chuvia. A vilagarciá enfróntase á croata Jana Fett, número 135 da clasificación mundial.

No primeiro set comezou moi nerviosa e encaixou cinco xogos consecutivos. A croata anotouse a primeira manga por 6-2. Bouzas tivo que ser atendida polas asistencias do torneo pero ese descanso veulle ben. No segundo intercambiaron os saques ata o 3-3. Nese intre rachoulle o servizo e anotouse tres xogos consecutivos para igualar a un (6-3). 

O terceiro set tamén o encamiñou Bouzas rachando o servizo de Fett ata en dúas ocasións (4-1). Apareceu a chuvia e acabou co gran ritmo que levaba. No recomezo a croata estivo imparable, conseguiu poñerse por diante (4-5) e volveu rachar o servizo de Bouzas para facerse co partido por 5-7.  

Vitoria de Carlos Alcaraz

Malia comezar o partido co estadounidense J. J. Wolf rachándolle o servizo, Carlos Alcaraz non tivo piedade do seu rival ao que sacou da pista cunha contundencia descomunal. O murciano gañou por 6-1, 6-2, 6-1 minimizando o desgaste que podía supoñer esta primeira rolda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar