Alcaraz derrota a Tsitsipas e cítase con Djokovic
Alcaraz derrota a Tsitsipas e cítase con Djokovic
Gañou por 6-2, 6-1 e 7-6 nos cuartos de final de Roland Garros e avanza ata a penúltima rolda
Maxestoso partido de Carlos Alcaraz nos cuartos de final de Roland Garros. O murciano impúxose ao grego Stefanos Tsitsipas cunha inusitada facilidade. Asoballouno por completo nos dous primeiros sets e acabou gañando por 6-2, 6-1 e 7-6.
Repetíase a final do Conde de Godó deste ano, en que gañara Alcaraz (6-3, 6-4). Pero neste partido a súa superiridade foi moito máis grande, sobre todo nos momentos iniciais. Rompeu cinco veces o servizo do seu rival, un Tsitsipas que non tivo nin unha soa posibilidade de gañarlle o saque.
No terceiro, o murciano tivo dúas bólas de partido con 5-2, pero Tsitsipas puido manter o seu saque e rompeu no seguinte xogo o servizo de Alcaraz. O set encamiñouse a un tie break en que decidiu o murciano (7-6, 7-5).
O seu rival será Novak Djokovic, no duelo máis agardado da arxila de París.