Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jessica Bouzas tira de corazón e segue viva no US Open

Jessica Bouzas tira de corazón e segue viva no US Open

A galega gañou contra Katie Boulter, número 31 do mundo, en dous sets (7-5 e 7-5)

A británica non deu ningún punto por perdido, pero a vilagarciá foi mellor

Jessica Bouzas, nun lance do xogo. US OPEN Jessica Bouzas, nun lance do xogo. US OPEN
G24.gal 29/08/2024 20:48

É o ano de Jessica Bouzas. A galega está dando moito que falar coa súa participación nos grandes torneos. Agora tócalle ao US Open, que ve como a vilagarciá xoga de ti a ti contra calquera rival e acaba gañando. A súa vítima desta volta foi a británica Katie Boulter (7-5 e 7-5).

Jessica Bouzas comezaba forte e marcaba o ritmo de partido ante toda unha 31 do mundo. Pero sobre a pista, a que dominaba era a moza galega. Aínda así, o set foise axustando ata que Jessica puxo o 7-5. Partía con vantaxe a española.

No segundo, a tenista de Vilagarcía comezou arrasando. Pero co 5-2 no electrónico todo cambiou. Boulter comezou a mandar no xogo e a remontar ata poñer o cinco iguais. Pero Jessica non quería xogar un terceiro set, e tirou de valentía e corazón para pechar o partido e plantarse na terceira rolda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos