Johnson admite que subestimou os riscos da covid

O exprimeiro ministro británico comparece na investigación da xestión da pandemia

Recoñece erros na súa xestión e pide desculpas pola "dor e ofensa" causados

Antón Montero 06/12/2023 19:55 Última actualización 06/12/2023 20:03

Boris Johnson admite que subestimou o risco do coronavirus. O exprimeiro ministro británico compareceu ante a comisión que investiga a xestión da pandemia no Reino Unido.

Recoñeceu que non deu credibilidade ás proxeccións científicas sobre a mortalidade do virus e desculpouse polas súas declaracións minimizando a gravidade das infeccións.

Johnson tamén asumiu a súa responsabilidade pola tardanza en decretar o confinamento ou pola falla de protección nas residencias de anciáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade