Jon Rahm vaise ao LIV Golf polo maior contrato da historia do deporte

O golfista de Barrika recibirá nun contrato mixto, diñeiro e porcentaxe dun equipo, máis de 500 millóns de euros

G24.gal 08/12/2023 14:44 Última actualización 08/12/2023 14:49

O vasco Jon Rahm deixou este xoves a PGA para incorporarse ao LIV Golf, a liga de golf financiada polo Goberno de Arabia Saudita, cun contrato cuxas condicións económicas non foron reveladas, pero que se estima por encima dos 500 millóns de dólares.

"LIV Golf anunciou hoxe que as dúas veces gañador de 'grandes', o vixente campión do Masters de Augusta, sumouse ao LIV Golf. Rahm competirá na liga do LIV Golf a partir da próxima tempada, que arrinca o 2-4 de febreiro de 2024 no LIV Golf Mayakoba, México", informou a liga de golf nun comunicado.

Rahm, de 29 anos, chegará ao LIV en calidade de campión do Masters de Augusta e súmase a estrelas do golf como o seu compatriota Sergio García, Dustin Johnson, Brooks Koepka e Phil Mikelson.

En xuño de 2023, LIV Golf, PGA Tour e PGA European Tour anunciaron que iniciaran un proceso de fusión que aínda non acabou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade