Publicador de contidos

Publicador de contidos

Joselu consegue un récord histórico: "Levo 110 goles e seguirá habendo críticas"

Joselu consegue un récord histórico: "Levo 110 goles e seguirá habendo críticas"

Marca de goles para o de Palmeira, que entra na historia do Rácing

G24.gal 05/04/2022 15:16

Por Zona mixta pasou un home tranquilo, Joselu, que esta fin de semana anotou o seu gol número 110 co Rácing, ao que leva cinguido 8 anos e que espera que sexan máis

Un toureiro no céspede

"Non son de touros, pero que Raúl Villares me compare con Curro Romero como futbolista é un galano que me enorgullece. Sinceramente o outro día non pensei no momento no gol 110, só ao acabar o partido. Nunca pensei en chegar a esta cifra".

"Gústame o baloncesto NBA, pero xa teño unha idade na que hai que descansar máis polas noites e só sigo os play offs se estou de vacacións. Nunca pensei en que chegaría estar aquí 8 anos e menos co meu historial de cambio de clubs antes".

Ferrol, a súa casa

"Ferrol é a miña casa. Son de Palmeira, pero esta é a miña segunda casa. Véxome moito máis maduro que cando cheguei con 26. Decátaste agora do que é realmente importante. Sempre fun moi tranquilo e valoras cousas co tempo que antes non o facías tanto".

"Estiven preto de saír varias veces do Rácing, pero máis por parte de interese para o club, pero estou contento de ter recuncado aquí. Viñeron clubs importantes e gañaba máis cartos, pero ao final eu aquí son feliz, houbo anos difíciles, pero non me quitou o sono"

Miña terra galega

"A miña terra é Galicia, Palmeira... Ferrol... aquí son moi feliz. Levo 110 goles e seguirá habendo críticas. Espero retirarme no Rácing ou no Palmeira. Nunca se sabe, iso si. Ata tiven sorte coas lesións, incluso coa operación no xeonllo"

"Cos anos vaste tranquilizando, prefires ir a comidas ca a ceas, así non te enleas de cara á noite. Gústame o galego e fáloo no campo cos compañeiros de aquí: con Loureiro, David Castro... Ás veces decátaste que estás cun compañeiro de fóra e estás falando en galego"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade