Corea do Norte di que ten un dron submarino para xerar tsunamis radioactivos
Corea do Norte di que ten un dron submarino para xerar tsunamis radioactivos
O presidente Kim Jong-un asistiu a 29 das 50 probas que se fixeron coa nova arma
Corea do Norte anunciou que probou un dron submarino nuclear capaz de xerar tsunamis radioactivos, afirmación que xera dúbidas nos expertos, pero que supón un novo golpe sobre a mesa nun tenso panorama marcado polas manobras de Seúl e Washington e os test de armas de Pionyang.
Os medios norcoreanos falan dun tipo de dron submarino ou torpedo guiado que ao estalar é capaz de provocar xigantescas ondas contaminantes, semellante o sistema ruso coñecido como Poseidón.
Segundo informa Corea do norte o dron despregouse fronte á costa nororiental norcoreana o martes e chegou ó obxectivo en augas da baía de Hongwon co súa cabeza nuclear de proba. Estoupou debaixo da auga o xoves pola tarde. Estivo navegando a unha profundidade de entre 80 e 150 metros durante case 60 horas.
Arma medioambiental
Ademais de destruír frotas e infraestrutura este tipo de armamento tería a capacidade para provocar un dano nas rexións litorais, que quedarían altamente contaminadas durante polo menos varias décadas tanto terra dentro como no que respecta a as augas circundantes.
O proxecto comezou en 2012 e, tras sometela a 50 probas de diferente tipo decidiuse o seu despregamento operativo no plenario do Partido dos Traballadores celebrado en decembro do ano pasado.
Corea do sur di que reforzará as súas defensas
Pola súa banda, o presidente surcoreano, Yoon Suk-yeol, afirmou hoxe que reforzará o chamado sistema de tres eixos, que inclúe defensas antimísiles, unha plataforma de ataques preventivos e plans para decapitar ao réxime de Kim Jong-un.