Lesmes será a grande ausencia este martes nos actos do 12-O
Lesmes será a grande ausencia este martes nos actos do 12-O
Goberno e PP, confiados en que esta vez si se poida chegar a un acordo
Podemos non comparte que os xuíces se elixan a si mesmos
Á espera de que a dimisión de Carlos Lesmes chegue ao 'Boletín Oficial do Estado', o Goberno e o PP traballan xa na busca dese acordo urxente para renovar o órgano de goberno dos xuíces. Nas últimas semanas, os dous negociadores mantiveron contactos secretos pero non frutificaron.
Pero despois da xuntanza entre Pedro Sánchez e Núñez Feijóo as posturas movéronse e tanto o Goberno coma o presidente do PP creen que esta vez hai posibilidades de acordo.
Nesa reforma lexislativa, o PP quere que os xuíces elixan polo menos a metade dos vogais. E Feijóo asúmeo como compromiso.
O presidente da Audiencia Provincial da Coruña cree tamén que chegou a hora de cambiar o sistema.
Pero neste asunto hai moitos intereses cruzados.
Podemos recoñeceu esta mañá que aspira a que nomes propostos por eles estean sentados no próximo Consello do Poder Xudicial. E non confía en que os xuíces se elixan a si mesmos.
Carlos Lesmes xa non irá mañá aos actos do 12 de outubro.