Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liderado absoluto da TVG na primeira onda do EXM

Liderado absoluto da TVG na primeira onda do EXM

Trátase do mellor resultado dende a 2ª onda do 2005 (24,2 %)

TVG acadada unha cota do 23,4 % no conxunto da semana e do 24,4 % no período de luns a venres nesta 1ª onda do 2022

O Estudo Xeral de Medios confirma o liderado da Radio Galega en diferentes franxas neste primeiro cuadrimestre do ano

G24.gal 19/04/2022 10:09

A primeira onda do Estudo Xeral de Medios de 2022 achega datos positivos para a Televisión de Galicia. Acada unha cota do 23,4 % no conxunto da semana e do 24,4 % no período de luns a venres.

Destaca por ser a canle que máis medra no conxunto da semana con respecto á onda anterior. Trátase do 7º mellor resultado na historia no conxunto da semana ou do mellor resultado dende a 2ª onda do 2005 (24,2 %).

A TVG faise cun claro liderado nas audiencias en Galicia

No conxunto da semana, cunha cota do 23,4 % a 10 puntos de share do seguinte competidor, Antena 3, cunha cota do 13,4 %.

No período de luns a venres, cunha cota do 24,4 % e a 12,6 puntos de share do seguinte competidor, Antena 3, cunha cota do 11,8 %, (a cota da TVG é máis do dobre ca a cota de Antena 3).

Analizando as audiencias entre as canles autonómicas, a TVG faise co liderado sendo a máis vista de españa, superando en 4,4 puntos de share á seguinte (TPA, cunha cota do 19 %; TV3 é o 3º competidor cunha cota do 18,7 % e a 4,7 puntos da TVG). "Ten tanto contidos de información como de entretemento, de relación coa nosa cultura e a nosa lingua", explica o director de Contidos, Fernando Ojea. "A xente valórao moitísimo", engade. 

Por días da semana destacan as cotas de pantalla acadadas os xoves, cunha cota do 28,6 %; os luns, cunha cota do 25 %, e os martes, cun 24,6%. Aínda que o incremento se produce en todos os días con respecto ás dúas ondas anteriores.

Descata a audiencia da franxa de mediodía, dominada pola oferta informativa da TVG, con preto de 50 % de share e da franxa do serán, con preto do 30 %

"Obteñen un dato inmenso de audiencia" di Alejandro López, subdirector de Informativos, que explica que un de cada dous espectadores apostan polos espazos informativos "tradicionais" da TVG. Pero tamén destaca a confianza noutros formatos, coma o Debate da G2 ou 'No foco', "que son aposta desta casa e que afondan máis na análise da información".

Na franxa de noite, (entre 20:00 e as 04:00), destacan os domingos, cunha cota media do 25,6 %.

Na franxa informativa da sobremesa, 13:00–17:00, a TVG obtén un marcado liderado, ao mediar unha cota do 35 %. O seguinte competidor é La1, cunha media do 15,1 %.

Liderado da Radio Galega en diferentes franxas horarias

O Estudo Xeral de Medios confirma o liderado da Radio Galega en diferentes franxas neste primeiro cuadrimestre do ano. "Na madrugada, neses programas de participación coa audiencia; ou nos deportes na fin de semana e tamén en franxas informativas", explica a xefa de Programas, Tania Fernández Lombao. 

É así que o grupo de emisoras da Radio Galega acada 147.000 oíntes de luns a venres e de luns domingo, segundo os datos da primeira onda do Estudo Xeral de Medios coñecida este martes.

Unha media de 117.000 oíntes seguen a programación da Radio Galega de luns a domingo.

Cifras de éxito tamén para a emisora musical Radio Galega Música, que chega cada día a 30.000 persoas.

Novo estudo 5 da Radio Galega Novo estudo 5 da Radio Galega
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade