Lino López: "Hai que saír motivadas, é algo histórico"
O partido poderá seguirse en directo mañá pola G2 e por AGalega.gal
Baxi pode presumir de músculo social e a entrada na Malata ante o Sassari será de bandeira. Un día marcado en vermello para o técnico Lino López.
"Vivir esta situación é difícil de explicar. Non vale cansazo nin táctica. Hai que saír motivadas, é algo histórico".
O Baxi logrou en Sardeña unha vantaxe de 19 puntos que debería ser suficiente. Ante a cita histórica, o Baxi Ferrol ten prevista toda unha festa antes e despois do partido, que se repetirá tamén o sábado con motivo do partido de liga ante o Valencia Basket.
Bo día!!!!
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) February 24, 2025
semana de dobre partido, semana de dobre FAN ZONE
O xoves dende as 17:30 no parking de A Malata, o remate do encontro concerto de Malditos Pendejos.
O sábado dende as 17:00 "CarnaBAXI" ven co teu disfraz e gaña premios e o remate do encontro concerto con Padaal Rock pic.twitter.com/7hsJyzSFq2
O partido poderá seguirse en directo mañá pola G2 e por AGalega.gal