LJ Figueroa, polivalencia para o Leyma Coruña
LJ Figueroa, polivalencia para o Leyma Coruña
O estadounidense de 26 anos ten experiencia universitaria en Estados Unidos e xogou en varios equipos da G-League
Chega de mediar 12,5 puntos, 3,3 rebotes e 1,2 asistencias en Alemaña
Nova peza para o quebracabezas do Leyma Coruña na súa edición especial do debut da ACB. LJ Figueroa chega á cidade herculina para seguir mellorando un cadro de xogadores cun obxectivo claro. Establecerse na máxima categoría, causa á que vai achegar o estadounidense.
LJ Figueroa é un xogador polivalente dada a súa capacidade atlética e as súas nocións defensivas. Xoga na posición de aleiro, aínda que pode achegar noutras en caso de ser necesario. Este ano pasado mediou 12,5 puntos, 3,3 rebotes e 1,2 asistencias no Ulm da liga alemá.
Con esta, o Leyma Basquet Coruña xa fixo catro fichaxes, e presúmese que non serán as únicas e chegarán máis reforzos para acompañar aos renovados que acadaron o ascenso na pasada tempada. JL Figueroa xa é un máis no soño laranxa de permanecer e consolidarse en ACB.