Localizan unha balea de entre 8 e 10 metros varada na costa de Celeiro
Localizan unha balea de entre 8 e 10 metros varada na costa de Celeiro
Ao non poder examinala, non se coñecen as causas da morte, pero explican os expertos que estas varadas de grandes mamíferos non son feitos extraordinarios, senón cotiáns, nas costas galegas
É o último exemplar de cetáceo de gran tamaño que aparece varado nas costas galegas. Gravárono onte pola mañá na ladeira do monte Faro, en Celeiro, no concello de Viveiro. Os expertos do CEMMA non puideron achegarse porque está nun lugar inaccesible. Din que é un exemplar de rorcual de entre 8 e 10 metros de lonxitude.
Ao non poder examinalo, non se coñecen as causas da morte, pero explican os expertos que estas varadas de grandes mamíferos non son feitos extraordinarios senón cotiáns, nas costas galegas. E este ano está habendo unha incidencia máis alta. Houbo 550. As causas da morte son múltiples, desde colisións con embarcacións á inxestión de plásticos ou o enmallamento.
Este mesmo ano aparecían baleas de grandes dimensións en distintos puntos da costa galega: na praia da Lanzada en outubro, dúas en Ferrol e outra en Vigo.