Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lotería de Nadal: as respostas ás súas dúbidas

Lotería de Nadal: as respostas ás súas dúbidas

Canto toca a un décimo e cando e como cobrar os premios?

Como cobrar un premio compartido?

Como e onde cobrar un décimo ou participación que están deteriorados ou se llo roubaron?

 

Os bombos do Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal 2024, no Teatro Real de Madrid Os bombos do Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal 2024, no Teatro Real de Madrid
G24.gal 15/12/2024 11:59

O próximo domingo, 22 de decembro, vaise celebrar o tradicional Sorteo da Lotería de Nadal. O Sorteo máis familiar, máis de amigos e compañeiros de traballos. O sorteo máis compartido e cos premiios máis grandes; e tamén por estes motivos, o sorteo no que, a miudo, hai máis alegrías e desgustos.

O primeiro Sorteo da Lotería de Nadal celébrase en Cadiz en 1812, en plena Guerra da Independencia, pero non sempre se celebrou o 22 de decembro. Os primeiros anos celebrábase o 18 de decembro co nome de 'Lotería Moderna' ou de 'Prósperos de Premios'.

En 1892 pasou a celebrarse o 23 de decembro e chamouse por primeira vez 'Sorteo de Nadal'.

En 1957 celebrouse o primeiro sorteo televisado; ata ese ano escoitábase na radio e líase na prensa.

No ano 1992, Loterías e Apostas do Estado decidiu que o Sorteo de Nadal se ía celebrar sempre o 22 de decembro.

Para a celebración do Sorteo Extraordinario da Loteria de Nadal 2024 xa está todo preparado no Teatro Real de Madrid. O 13 de decembro xa chegarón alí os bombos, as bolas e o resto dos elementos que interveñen no sorteo.

A previsión é que cada español gaste de media case 74 euros entre décimos e participacións, en concreto 73,84 euros. Esa é a cifra de consignación por habitante estimada de acordo aos datos publicados pola Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado, aínda que ata o mesmo 22 de decembro non se saberán as vendas reais.

Evidentemente non todo o mundo xoga igual, isto é unha media, e mesmo hai xente que non xoga nada, pero este sorteo é, dende logo, un dos nos que máis cartos invirten as familias, e tamén son múltiples as dúbidas que lles poden xurdir aos que xogan.

Dúbidas como as sempre repetitivas:  "Toca a mesma cantidade que todos os anos?" e  "Canto era?"

Canto toca a un décimo, que custa 20 euros?

Primeiro: non confundir décimo con número: Un décimo é ese billetiño que custa 20 euros. Un número está compostos de todos os décimos emitidos con ese número. 

Se ten un décimo do Gordo, o premio é de 400.000 euros.

Segundo Premio: 125.000 euros ao décimo

Terceiro Premio: 50.000 euros ao décimo

Se ten un desdes décimos de premios importantes, parabén, pero aínda hai 'pero'; Facenda somos todos e o afortunado non vai cobrar o premio íntegro, porque os premios que superan os 40.000 euros, o 20 % é para Facenda.

Agora ben, se foi agraciado por un décimo dos dous cuartos premios chegaranlle á súa conta corrente 20.000 euros, e se leva un dos quintos, hai oito quintos premios, serán 6.000 euros por décimo.

Tamén están as  últimas cifras dos grandes premios e tamén as pedreas que cantarán os nenos de San Ildefonso durante as preto de catro horas de sorteo.

Cando se poden cobrar os premios?

A mesma tarde do 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, empézanse a abonar os premios.

Como cobrar un premio compartido?

Se se comparte, que é un costume neste sorteo, hai que identificar a todos os que participan á hora de ir cobrar os premios iguais ou superiores a 2.000 euros nas entidades financeiras, segundo informa a sociedade estatal de Loterías e Apostas do Estado.

Pero tense que ter en conta algúns consellos da Organización de Consumidores e Usuarios antes de chegar ao sorteo, para evitar problemas e desgustos inesperados.

Consellos da OCU cando se comparte un premio da lotería

Para evitar iso do que parte e reparte quede coa mellor parte e compartir sen leas, o depositario do décimo podería fotocopiarlo e entregar a cada participante unha copia asinada, co nome e o DNI do depositario, na que indique que tal persoa xoga nese número, serie, fracción e sorteo, unha cantidade de euros determinada.

Pero tamén se pode enviar unha foto do décimo por email ou por whatsApp porque estas mensaxes poden ser unha proba, a condición de que aparezan os datos do depositario, os participantes e a participación de cada un.

Pero ollo! Porque se a outra parte impugna esa proba por considerar que se manipulou, habería que demostralo. Mellor, garden todas as probas posibles; recomendación aplicable ás dúas partes.

Como cobrar un premio compartido?

Se é un premio compartido, segundo a OCU, hai que identificar no banco a cada gañador e a súa porcentaxe de participación. Despois, os bancos abonarán o premio enteiro, tras descontar impostos do premio polo cal se tributa, na conta da persoa que xa é titular dunha nese banco e que despois se repartirá segundo a porcentaxe que lle corresponde a cada un dos participantes nese prmio.

IMPORTANTE:

Nunca se debe cobrar todo sen identificar aos outros participantes, xa que ao repartilo pode parecer que está a doar o diñeiro, o que obrigaría ao pago do imposto de doazóns, a maiores.

Onde se poden cobrar os premios?

Se foi agraciado con menos de 2.000 euros por cada décimo ou resgardo, pódeos cobrar nalgún dos puntos de venda da  rede comercial de Loterías, nas Administracións de Loteria, tal e como informa a sociedade, a partir da mesma tarde do sorteo.

O premio poderase cobrar en metálico ou a través de bizum, xa que os puntos de venda de Loterías teñen incorporado este sistema como método de pago das súas apostas e cobranza dos seus premios menores.

Se os premios acumulan un importe igual ou superior a 2.000 euros, cobraranse nas entidades financeiras autorizadas, BBVA e CaixaBank, segundo Loterías do Estado.

Como se fai cando se compra o décimo 'en liña'?

Se comprou o décimo premiado por internet e este está depositado na administración, e ademais o premio é inferior a 2.000 euros, ingresaranlle o importe de maneira automática na súa conta de usuario, e posteriormente poderá transferilo á conta bancaria que desexes.

Os premios superiores a 2.000 euros, aínda que se compren 'en liña', só é posible cobralos nunha entidade bancaria que sexa colaboradora de Loterías e Apostas do Estado.

Para iso deberás poñerche en contacto coa administración de loterías na que está depositado o seu décimo premiado, xa que será necesario que acredites a identidade.

Como cobrar un décimo ou participación que están deteriorados?

Se é así, debe comparecer nun punto de venda de Loterías, cumprimentar o formulario 'Solicitude de pago de premios', asinalo e achegar o décimo ou resgardo deteriorado, que será remitido á sociedade estatal para a súa autenticación.

Que facer se lle subtraeron o décimo?

Se cre que lle subtraeron un décimo, ten que denuncialo, e se chega o sorteo e resulta que foi premiado debe comparecer nun xulgado coa denuncia para que se inicie o proceso correspondente

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar