Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberan en Barcelona oito mulleres forzadas a exercer a prostitución

Liberan en Barcelona oito mulleres forzadas a exercer a prostitución

Os Mossos detiveron tres persoas dunha organización que as explotaba sexualmente en dous locais da cidade en Poblenou

Captábanas en páxinas web de contido sexual sobre todo en Honduras, Colombia e Venezuela

Operación dos Mossos contra a trata de seres humanos con fins sexuais en Barcelona
G24.gal 15/12/2024 20:41 Última actualización 15/12/2024 21:06

Os Mossos liberan oito mulleres forzadas a exercer a prostitución en Barcelona. As mulleres vítimas de explotación sexual tiñan que traballar en dous locais en Poblenou.

Os axentes detiveron tres persoas relacionadas coa trama, dúas mulleres e un home, aos que lles atribúen delitos de tráfico de seres humanos, pertenza a grupo criminal e de tráfico de drogas.

O home actuaba como proxeneta. As detidas captaban ás mulleres principalmente en Colombia, Honduras e Venezuela.

Nos rexistros a policía interveu 35.000 euros e pequenas cantidades de cocaína rosa, MDMA, éxtase ou "popper".

As mulleres están libres, protexidas e regularizadas administrativamente en España e aseguran que queren colaborar coa xustiza para o que as precisen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade