Luces de Vigo: todo o que necesitas saber para ver o acendido
Luces de Vigo: todo o que necesitas saber para ver o acendido
Será ás 19:00 na Porta do Sol cando arranque o acendido máis afamado en Galicia
Chega o acendido das luces de Vigo (se a chuvia o permite), e con el, o caos.
Pero tranquilidade. No G24 traémosche as claves do plan do concello de Vigo para que poidas xestionarte o mellor posible.
O evento
A zona 0 é a Porta do Sol. Aí será onde ás 19:00, Abel Caballero dará comezo ao Nadal en Vigo co acendido dos máis de 11 millóns de luces led.
O espazo ten unha capacidade máxima de 9.000 asistentes, polo que horas antes é posible que se vaia enchendo.
Haberá prazas limitadas para persoas con mobilidade reducida con cadanseu acompañante. Deben de acceder dende a rúa Doutor Cadaval.
Se non queres ou non podes ir ata alí, podes seguir o acendido a través de tres pantallas situadas en: Porta do Sol, praza interior de Vialia, onda o museo Marco e na fonte de Rosalía de Castro.
Rúas cortadas
Neste tipo de circunstancias, o recomendable sempre é acceder ao centro en transporte colectivo ou camiñando. O coche non é boa opción.
A partir das 16:30, as rúas principais do centro péchanse: Policarpo Sanz, García Barbón (entre Colón e República Arxentina), Colón e Urzáiz (ata Gran Vía) e todas as rúas adxacentes.
Ás 17:00 amplíanse os cortes en máis rúas da contorna:
- Doutor Cadaval desde a rúa López de Neira.
- Reconquista, entre Marqués de Valadares e Policarpo Sanz.
- Colón.
- Urzáiz, entre Colón e Lepanto (excepto bus urbano descendente).
- Gran Vía ascendente dende Urzáiz ata María Berdiales (excepto bus urbano ascendente).
- Urzáiz descendente entre Vázquez Varela e Lepanto (excepto bus urbano descendente).
- Acceso dende Cánovas del Castillo cara ao centro.
- Areal, entre Pontevedra e República Arxentina.
Puntos de emerxencia
Se tes algún problema, vai á rúa Elduayen. Na conexión con Abeleira Menéndez atoparás punto de obxectos perdidos, punto de encontro de nenos e un posto de socorro. Na praza Doutor Cadaval haberá un hospital de campaña.
Que poderás atopar?
Así resumindo, unha árbore de Nadal 35 metros, unha nora de 60 metros, unha bóla de 10 metro, un boneco de neve de 13 metros, un agasallo xigante de 17 metros e, como novidade, unha montaña rusa.
Tamén haberá en Coia un parque de inchables e o circo de Nadal.
O mercado de nadal estará na Praza de Compostela, aínda que sen o tradicional Ofeitoamán.
E haberá luces. Moitas luces.