Lugo será o escenario da XXXVIII Copa Galicia de Baloncesto
Lugo será o escenario da XXXVIII Copa Galicia de Baloncesto
As semifinais e a final xogaranse no Pazo dos Deportes o 20 e o 22 de setembro
Breogán, Obradoiro, Leyma Coruña e COB serán os catros equipos participantes
O Pazo ditará sentenza. O pavillón do Breogán acollerá a XXXVIII Copa Galicia de Baloncesto, que se disputa en setembro. Os equipos participantes serán o propio anfitrión, o Obradoiro, o Leyma Coruña e o Club Ourense Baloncesto. As semifinais serán o día 20 e a final o 22, e os emparellamentos sortearanse en vindeiras datas.
A Copa Galicia é unha cita mítica na pretemporada dos equipos galegos, que rematan con ela a súa preparación antes de comezar a liga. O Obradoiro foi o último gañador da competición. Foron os de Santiago e o Breogán os únicos gañadores dende o ano 2001, no que gañou o Ourense.
Este ano hai varias diferenzas. A primeira delas, e a máis rechamante, é que o Leyma Coruña será un dos representantes da ACB xunto co Breogán, mentres que o Obradoiro farao da Primeira Federación, co COB.