Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis Chacón é a primeira fichaxe do Deportivo

Luis Chacón é a primeira fichaxe do Deportivo

O de Pontedeume chega libre ao Deportivo despois dunha gran campaña no Arenteiro

G24.gal 12/07/2024 19:12

Fíxose de rogar, pero o Deportivo xa ten a súa primeira fichaxe para á volta a Segunda Dvisión. O extremo esquerdo natural de Pontedeume chega libre tras un moi bo ano no Arenteiro, e que xa o no mercado de inverno o club herculino tentou fichar, pero o Arenteiro só quería o pago da cláusula, polo que o Deportivo tivo que agardar ata este mercado de verán.

Luis Chacón pasou pola canteira do Racing de Ferrol, dende a que chegou ao Somozas cedido. Tras quedar libre fichou polo Arenteiro en 1.ª RFEF, categoría na que era unha das estrelas, sendo un xogador moi prezado por todos os equipos da categoría, como a Cultural Leonesa e que tentou a súa fichaxe varias veces sen éxito. En 88 partidos en 1.ª RFEF anotou 15 goles e deu 6 asistencias, ademais de moitas xogadas de gran valor que non se visualizan en números. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos