Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril érguese en Valladolid grazas a un gol olímpico de Marotías (1-2)

O Fabril érguese en Valladolid grazas a un gol olímpico de Marotías (1-2)

O Valladolid Promesas dominaba ata o polémico gol do empate fabrilista

Luisão Macías culminou a remonta no minuto 80

G24.gal 07/09/2024 19:30

O Valladolid Promesas tiña a vitoria na man diante do Fabril. Gañaba grazas a un gol de Frimpong, o equipo deportivista non estaba gozando de ocasións e todo apuntaba a unha vitoria local. Pero no minuto 75 cambiou todo. O central Marotías lanzou un córner que o asistente considerou que entrou na súa totalidade na portería local. 

O equipo valisoletano afundiuse e cinco minutos despois concedeu un gol a Luisão Macías nun erro maiúsculo á hora de sacar o balón xogado. Poucos podían prognosticar a vitoria do Fabril pero aproveitou as súas ocasións para gañar e sumar os primeiros puntos na clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade