Publicador de contidos
Publicador de contidos

Macron defende a súa reforma das pensións e di que non vai tolerar a violencia na rúa

Macron defende a súa reforma das pensións e di que non vai tolerar a violencia na rúa

O presidente francés recoñece o dereito á protesta, pero di que non consentirá que se paralice a actividade do país

G24.gal 22/03/2023 17:44 Última actualización 22/03/2023 18:01

 O presidente francés, Emmanuel Macron, defende nunha entrevista a súa reforma na idade de xubilación. Macron lembrou que cada vez que un Goberno reformou as pensións enfrontouse á oposición sindical, pero xustificou a necesidade da reforma e asegurou "asumir" a impopularidade da mesma.

"Entre as sondaxes a longo prazo e o interese xeral do país, elixo o interese xeral do país. E se iso ten consecuencias, acéptoas", dixo.

Macron amosou o seu respecto polas manifestacións sindicais contra a súa reforma das pensións, pero asegurou que non tolerará a violencia nas rúas e o bloqueo da actividade, e lembrou o asalto ao Capitolio en Estados Unidos ou ao Parlamento brasileiro.

"Somos unha gran nación e un vello pobo que vota aos seus responsables e dálles lexitimidade. Os sindicatos teñen a súa e cando se manifestan con respecto, é un dereito protexido pola Constitución", asegurou Macron este mércores nunha entrevista televisada.

"Pero cando hai grupos que utilizan a violencia extrema para atacar a representantes democráticos, cando usan a violencia sen regras porque non están contentos, iso non é democracia", agregou.

Macron, que a véspera nunha reunión con parlamentarios utilizou o termo "xentío" para referirse a esas manifestacións, asegurou usar esa palabra nese contexto e "na situación que vive o mundo, cando un ve o que pasou en Estados Unidos, no Capitolio, en Brasil, cando se ve a violencia extrema en Alemaña ou Países Baixos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade