Publicador de contidos
Publicador de contidos

Macron vence con claridade a Le Pen e repite mandato en Francia por outros cinco anos

Macron vence con claridade a Le Pen e repite mandato en Francia por outros cinco anos

O actual presidente gaña co 58,8 % dos votos fronte a Marine Le Pen, que lograría o 41,2 %

Le Pen xa recoñeceu a súa derrota, pero logra un resultado histórico para a ultradereita

A abstención, próxima ao 28 %, é a máis elevada desde hai máis de 50 anos

Macron celebra no Campo de Marte en París o seu triunfo nas presidenciais
G24.gal 24/04/2022 19:18 Última actualización 23:10 24/04/2022

As proxeccións de voto realizadas sobre voto real danlle a vitoria a Emmanuel Macron nas presidenciais francesas deste domingo sobre Marine Le Pen.

A candidata da ultradereita lograría un 41, 8 % dos votos, que suporía un grande aumento respecto aos apoios que logrou nas presidenciais anteriores en 2017. Noutra das estimacións de voto as porcentaxes serían do 57,6 % dos votos para Macron fronte a 42,4 % de Le Pen.

Lograría con estes datos Macron entre 15,2 e 16,4 puntos de diferenza sobre o seu rival.

De confirmárense estes resultados, sería a metade da vantaxe que o liberal Macron logrou hai cinco anos sobre a súa rival da ultradereita Marine Le Pen.

Macron é o primeiro presidente francés que logra repetir mandato sen cohabitación. Na súa primeira comparecencia tras coñecer a vitoria no Campo de Marte en París admitiu: "Moitos compatriotas votáronme para facerlle fronte a Le Pen. Iso comprométeme os próximos cinco anos".

Na celebración chamou á unidade dos franceses: "Os próximos cinco anos non serán tranquilos pero serán históricos".  Propuxo ante os seus votantes un cambio de rumbo e asegurou que o seu mandato non vai ser continuísta cos anos anteriores. Dixo que ía traballar por unha Francia máis ecolóxica, unida e independente, e á vez por unha Europa máis forte.

Prometeu que responderá ao "silencio dos abstencionistas" e á "división" de Francia.

Le Pen compareceu poucos minutos despois de coñecer as proxeccións para recoñecer a vitoria de Macron e xa asegurou que a súa intervención sería o primeiro mitin das lexislativas, polo que quere ser a oposición ao presidente e lograr a cohabitación.

Afirmou que os resultados son históricos para ela. E advirte: "O noso resultado é un sinal de desafío aos dirixentes europeos".

E precisamente desde Bruxelas, a presidenta da Comisión Europea Ursula von der Layen e outros dirixentes amosaron o seu alivio polos resultados en Francia, que supoñen —din— traballar cun aliado fiel. Asegura que co presidente francés espera que "xuntos" fagan avanzar a Francia e a Europa.

 O presidente do Goberno español sumouse ás felicitacións a Macron pola reelección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade