Publicador de contidos
Publicador de contidos

Macron mantense como favorito nas presidencias francesas do próximo día 24

Macron mantense como favorito nas presidencias francesas do próximo día 24

A ultradereitista Marine Le Pen foi acusada de malversación de cartos europeos

O dixital Mediapart di que Le Pen malversou arredor de 137.000 euros
G24.gal 17/04/2022 21:06

A dureza da campaña electoral das presidenciais comprobouse esta fin de semana nas rúas de Francia, con miles de persoas protestando contra a ultradereita pero tamén cuestionando o actual presidente. Esa dureza tamén chegou aos actos políticos, coma o protagonizado por Macron en Marsella.
"Asegúrolles que coa señora Le Pen acabaríase todo -dixo o candidato á reelección-, porque ela non está a favor do investimento estranxeiro nin pola ecoloxía. Non a apupen, déanlle duro o 24 de abril"

A líder da ultradereita contestoulle este domingo desde a televisión pública.
"Non sei en que se basean esas acusacións -sinalou Marine Le Pen-, eu nunca fun unha escéptica sobre a loita contra o cambio climático, o meu programa ten moi en conta o medio ambiente e a súa conservación". 

A ultradereita francesa acusada de malversar máis de 600.000 euros europeos

E no comezo da recta final das presidenciais galas, o dixital francés Mediapart difundiu unha investigación da oficina europea de loita contra a fraude, segundo a cal Marine Le Pen e a súa xente no parlamento europeo terían malversado máis de seiscentos mil euros de fondos públicos, dos que arredor de 137.000 foron gastados pola líder ultradereitista.

O asunto pode dar lugar a un proceso penal, e haberá que ver como inflúe nas presidenciais do próximo domingo, ás que Macrón chega co 54 por cento dos votos e Le Pen co 46, segundo as enquisas. 

Este mércores, día 20, debate televisivo entre Macron e Le Pen

Mentres agardan pola segunda e definita volta o próximo domingo, 24, Macron e Le Pen veranse de novo este mércores no único, e quizais crucial, debate electoral das presidenciais francesas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade