Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 160.000 persoas optan a unha das 27.500 prazas da Administración central

Máis de 160.000 persoas optan a unha das 27.500 prazas da Administración central

En Galicia foron convocadas algo máis de 8.500 persoas

As probas realizáronse nas Universidades da Coruña e de Vigo

G24.gal 17/09/2023 13:55 Última actualización 17/09/2023 14:15

Domingo, segunda xornada de exames de oposicións para acceder á Administración Xeral do Estado e tamén segunda xornada de nervios para os aspirantes.

Nesta convocatoria ofertáronse máis de 27.000 prazas na Administración en toda España. En Galicia inscribíronse 8.800 persoas, aínda que finalmente a cifra das que se presentaron aos exames foi sensiblemente inferior.

Medio milleiro de persoas traballaron durante a fin de semana para garantir o correcto desenvolvemento dos procesos selectivos. As probas celebráronse en 21 provincias, entre elas A Coruña e Pontevedra.

Oito facultades da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo serviron como sedes para a realización dos exames. Non houbo incidentes destacables.

A nivel estatal aspiran a algunha das prazas máis de 160.000 persoas, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Facenda e Función Pública. Pertencen principalmente ás categorías de administrativo, auxiliar administrativo, técnico de xestión e informática. 

As probas corresponden ás ofertas de emprego público de 2020, 2021 e 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar