Máis de 3.000 persoas participaron nas visitas guiadas á Cidade da Xustiza
Máis de 3.000 persoas participaron nas visitas guiadas á Cidade da Xustiza
Actualmente, os precorridos permiten coñecer a obra rematada
Desde que comezaron as visitas guiadas á construción da Cidade da Xustiza de Vigo, máis de 3.000 persoas puideron seguir o avance das obras. A partir de hoxe, os paseos percorren unha edificación lista para entrar en funcionamento.
Agora que a obra está practicamente rematada, poder visitar este edificio por dentro dá unha visión moi próxima ao que será o seu aspecto definitivo cando se complete a mudanza de todas as unidades xudiciais e que está a piques de comezar.
Mover 38 xulgados levará uns sete meses e os primeiros en facelo serán os traballadores da sala do Mercantil, ubicada no andar décimosétimo. Poder ver por dentro os despachos chama tanto a atención como as vistas da cidade e da ría de Vigo que se observan desde este lugar. Pero para panorámicas, as de 360 graos que se despregan un piso máis arriba, na espectacular terraza.
Como non estará aberta ao público, poder subir á azotea é un dos privilexios desta nova quenda de visitas guiadas que se programará ata que empece o traslado dos servizos. No lugar que foi durante décadas o hospital de referencia para milleiros de cidadáns, afloran os recordos.
O equipamento reformado polo arquitecto Alfonso Penela conserva a escada de mármore orixinal e incorpora unha sala para acoller macroxuízos, unha gardería e unha praza pública ao pé da torre emblemática.