Publicador de contidos
Publicador de contidos

Últimas visitas guiadas á Cidade da Xustiza de Vigo

Últimas visitas guiadas á Cidade da Xustiza de Vigo

O luns comeza o traslado dos 38 xulgados da cidade cara á nova sede

As visitas guiadas non precisan reserva e permiten o acceso á terraza con vistas de 360º sobre Vigo

G24.gal 19/10/2022 14:53

Na memoria colectiva sempre será o Pirulí. Pero hoxe aquel hospital de 18 plantas onde naceron a maioría dos vigueses prepárase para albergar os 38 xulgados da cidade. O luns comeza o traslado e pecha para o público, así que moitos aproveitan a última oportunidade para visitalo e recordar.

En grupos de 15 e sen reserva previa, os cidadáns que se acheguen esta semana coñecerán os detalles da reforma do arquitecto Alfonso Penela. Visitarán a sala de macroxuízos, as oficinas dos novos xulgados e subirán pola histórica escaleira de mármore ata a terraza con mellores vistas da cidade.

Nos vindeiros sete meses o edificio e as rúas da contorna irán recuperando a vida co traslado dos xulgados e de 500 funcionarios. Será a fin de seis anos de reformas en que os quirófanos pasaron a ser tribunais na maior obra xudicial da historia da comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade