Cargando resultados...
O conselleiro de Emprego visita asociacións culturais galegas en Zúrich e Basilea
O conselleiro de Emprego visita asociacións culturais galegas en Zúrich e Basilea
O conselleiro de Empreg, José González asina no libro de honra dunha das asociacións en Zúrich
G24.gal
26/10/2024 19:48
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou este sábado en Zúrich a sede da Asociación Cultural As Xeitosiñas, antes de participar esta tarde en Basilea no 40 aniversario do Centro Recreativo Cultural Ourense.
José González destacou o compromiso da Xunta coa colectividade galega en Suíza, onde residen máis de 41.000 galegos e onde hai 13 centros galegos que figuran no Rexistro da Galeguidade. Gabou o labor que desenvolven estas entidades na difusión da cultura e tradicións de Galicia.