Máis de medio cento de persoas sen cita acoden a diario ao punto de vacinación de Vilagarcía
A campaña está dirixida a persoas de entre 70 e 79 anos para recibir a terceira dose
Poden acudir os menores que acaben de facer os 12 anos
Os que aínda non se vacinaron poden iniciar o proceso sen cita previa
65 persoas onte e máis dunha trintena ao longo deste xoves acudiron sen cita previa ata o punto de vacinación de Vilagarcía, onde hoxe están citadas 1.500 persoas.
A maioría pertence á franxa de idade de 70 a 79 anos que van recibir a terceira dose e persoas que foron inoculadas con Janssen e agora reciben una dose de reforzo con Pfizer.
Hai satisfacción entre o persoal sanitario pola boa acollida que está a ter a convocatoria para recibir a terceira dose. A media de participación roza entre o 70 e 80 por cento. Un reforzo moi agardado e que os que o hoxe acudían poñelo consideran necesario.
A vacinación está aberta tamén sen cita previa para a xente do mar pendente de vacinar, para eses menores que van cumprindo os 12 anos, para os enfermos crónicos e oncolóxicos e para aqueles que rexeitaron vacinarse cando os citaron e agora desexan iniciar o proceso.
Neste punto de vacinación seguirán recibindo persoas citadas e tamén sen cita previa ata o vindeiro día 30.