Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manolo Carballo: "É un rally con doce treitos, duro, pero con menos quilómetros e máis variados"

Manolo Carballo: "É un rally con doce treitos, duro, pero con menos quilómetros e máis variados"

O presidente da escudería organizadora analizou a proxima proba do Campionato Galego

G24.gal 02/07/2023 17:53

A calor é sempre un dos factores máis determinantes do Rally Sur do Condado, unha das citas xa tradicionais no mes de xullo automobilístico. A que será a quinta cita do rexional galego dispútase durante toda a xornada do vindeiro sábado 8 de xullo en varios concellos do sur da provincia de Pontevedra. Será, segundo o presidente da Escudería Surco, un rally cheo de rock and roll.

"Démoslles unha volta a uns cantos treitos, con variantes importantes, cun novo en Salceda. Creo que ese e o último da mañá serán os treitos decisivos, con moita variante. É un privilexio e de agradecer para calquera organizador ter unha montura como a que ten Víctor Senra. É o gran favorito.  Son moitos treitos e xenera moito troco de ritmo. Escoitamos que é un rally moi longo, duro, pero tamén é certo que son menos quilómetros pero máis variados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade