Publicador de contidos
Publicador de contidos

Stellantis anuncia un novo parón na produción por problemas de abastecemento

Stellantis anuncia un novo parón na produción por problemas de abastecemento

Adaptarase á produción debido aos problemas comunicados por parte dun provedor

A parada será durante días concretos e afectará ás tres quendas do Sistema 1, onde se ensamblan os Peugeot 2008

Imaxe de arquivo da fábrica de Stellantis en Vigo (Europa Press / Stellantis) Imaxe de arquivo da fábrica de Stellantis en Vigo (Europa Press / Stellantis)
G24.gal 23/09/2024 17:57 Última actualización 23/09/2024 18:31

A dirección de Stellantis Vigo informou este luns durante unha reunión co comité de empresa de que prevé parar parte da súa produción durante polo menos sete días en outubro e o 30 de setembro por problemas de aprovisionamento de pezas.

Segundo asegurou UXT nun comunicado, a compañía automobilística trasladoulles que o Sistema 1, que ensambla os Peugeot 2008, non operará en ningunha quenda os días 28, 29, 30 e 31 de outubro, mentres que non traballarán as quendas de mañá e de tarde na devandita liña de produción o 30 de setembro, 4, 7 e 11 de outubro.

Ademais, a quenda de noite non terá actividade ningún venres de outubro nos dous sistemas e no Sistema 1 tampouco haberá os domingos 6 e 27.

Entre outros anuncios, Stellantis Vigo espera operar na quenda de fin de semana o sábado 12 de outubro, pero non o venres 1 de novembro.

A pesar da "sorpresa" de UXT por "tantas paradas" do Sistema 1, Stellantis Vigo explicoulles que un provedor avisou de problemas e ante estas, adaptouse a produción, "sempre avaliandoque en caso de mellorar a situación habilitaríanse de novo como laborables os días que fose necesario".

Estas paradas únense ás incontables anunciadas pola factoría olívica nos últimos anos debido a problemas na subministración de certas pezas necesarias para os seus vehículos. Este mesmo mes de setembro producíronse varias paradas por circunstancias parecidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade