Manu Barreiro, a catro goles de facer historia no Lugo
Pode converterse no máximo goleador do cadro lucense na Segunda División
Colle a remuda de Pita, Seoane e Iriome como líder do vestiario
Polas escaleiras do Anxo Carro baixará o luns Manu Barreiro disposto a principiar a súa quinta temporada no Lugo, un dato que o sitúa, actualmente, como o xogador máis veterano do plantel. O santiagués tomará a remuda de Pita, Seoane e Iriome coma líder do vestiario.
Barreiro afronta a nova campaña co obxectivo da permanencia e coa posibilidade de converterse no máximo realizador histórico do Lugo na Segunda División. O dianteiro necesita catro goles para superar os 31 de Cristian Herrera.
A Liga para o Lugo principia coa visita do Albacete do seu técnico da pasada temporada, Rubén Albés. Unha situación que para Manu, lles dá os lucenses unha lixeira vantaxe.