Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manuel Garrido e Tono Campos, ouro e bronce mundial en C-1 maratón longo

Manuel Garrido e Tono Campos, ouro e bronce mundial en C-1 maratón longo

Os dous padexeiros galegos aseguraron as medallas no último porteo da proba

G24.gal 01/10/2022 14:32

Os mundiais de piragüismo de maratón de Ponte da Lima deixaron outro dobrete galego. Manuel Garrido, que se adestrou nese lugar nos últimos tempos, acadou o ouro en C-1 de maratón longo logo dunha loita pechada co húngaro Kover. Os dous padexeiros entraron na champa final cunha vantaxe de case un quilómetro sobre os seus seguidores, e alí o galego proclamábase campión do mundo logo de deixar ao seu rival no último porteo. Gañou o ouro cun tempo de 2h04:52, cunha vantaxe de 11 segundos na chegada da proba.

Pola súa banda Tono Campos, que se proclamou campión de Europa este mesmo ano, meteuse na loita polos metais no treito final e acabou gañando o bronce nun man a man co polaco Borgiel cun tempo de 2h10:03, so dous segundos mellor co do polaco. Con estas dúas, o piragüismo galego xa acumula sete medallas neste mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar