Antía Jácome, diploma na final do C2
Antía Jácome, diploma na final do C2
A galega, con María Corbera, quedou de sexta na loita polas medallas
Este sábado terán unha nova oportunidade por separado, no C1
A falta de medalla, que non foi posible, o C2 de Antía Jácome e María Corbera acadou diploma olímpico. As españolas remataron na sexta praza a final dos 500 metros. Foron superiores China, Ucraína e Canadá, que soben ao caixón.
Comezaban regular as españolas, que saían quintas pero recuperaban e chegaban con velocidade ao segundo posto. No ecuador, sobre os 250 metros, caían á terceira praza e pouco despois, á cuarta. A chegada á meta fixérona de sextas, posición que asegura o diploma olímpico.
Mala sorte para a galega Antía Jácome, que non puido colgarse a presea ao pescozo na súa primeira oportunidade. Pero segue viva no C1, que é este sábado, coas semifinais e, en caso de pasar, unha nova final con medallas en xogo.