Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reyes Maroto sobre Alxeria: "As cousas volven á normalidade"

Reyes Maroto sobre Alxeria: "As cousas volven á normalidade"

Cuca Gamarra lamenta que España non teña a "política exterior que merece"

Reyes Maroto este sábado en Toro. EFE/Mariam A. Montesinos Reyes Maroto este sábado en Toro. EFE/Mariam A. Montesinos
G24.gal 11/06/2022 14:25 Última actualización 11/06/2022 14:43

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, asegurou este sábado que "as cousas volven á normalidade" con Alxeria tras o comunicado no que a misión diplomática alxeriana, ante a Unión Europea, asegura que ese país respectará os acordos de subministración de gas.

Maroto indicou, a preguntas dos medios, que se trata dunha "moi boa noticia", que como ministra de Comercio valora "moi positivamente", xa que Alxeria é "un país estratéxico desde o punto de vista, neste caso, comercial", pero tamén por "veciñanza e proximidade".

Segundo manifestou, desexa que se recupere a confianza e se volva ao tratado de amizade entre ambos os dous países. A ministra fixo estas declaracións durante a súa visita a Toro, en Zamora, para asistir á asemblea dos preto de 300 traballadores da planta da empresa Siro.

Reacción de Cuca Gamarra

A secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra, tamén se referiu a este asunto e, en declaracións a EFE, pediulle ao país norteafricano que "non confunda España e os españois co Goberno de España".

Gamarra, que participou nun acto das festas de San Bernabé en Logroño, lamentou que España non teña "a política exterior que merece para manter as boas relacións con todos os países veciños".

Ao seu xuízo, esta "mala política exterior" prodúcese porque o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, decidiu "romper os consensos e tomar decisións unilaterais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos