Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marta Macho-Stadler, autora do blog 'Mujeres con ciencia', distinguida co Bítere de Honra 2024

Marta Macho-Stadler, autora do blog 'Mujeres con ciencia', distinguida co Bítere de Honra 2024

Os novos premios, en honor a Aurora Sampedro, buscan visibilizar as mulleres científicas

Félix Aragunde 27/09/2024 20:47

Marta Macho Stadler, catedrática de matemáticas da Universidade do País Vasco, recibiu en Barreiros o Bítere de Honra Aurora Sampedro polo seu blog 'Mujeres con ciencia'. Estes premios creáronse na honra da científica Aurora Sampedro, natural de Barreiros.

É, deste xeito, a primeira persoa distinguida cuns novos premios que buscan visibilizar as mulleres nun ámbito, o da a ciencia, onde ata o de agora permanecían nun segundo plano.

O Bítere Institucional recaeu no Instituto de Ensino Secundario Lucus Augusti de Lugo, o centro onde Aurora Sampedro cursou por libre os seus estudos de Bacharelato. 

Por último, o Bítere de Honra In Memoriam dedicouse a María Antonia González Abraído, quen fora funcionaria de Extensión Agraria na Terra Chá. 

Marta Macho-Stadler, bítere de honra 2024: "É moi importante recuperar a historia de todas estas mulleres, moitas máis das que pensamos. No caso de Aurora, tivo a sorte de que unha persoa como Rivero se ocupase de investigar e de recuperar a súa historia".

Manuel Rivero, autor do libro 'Universo Aurora Sampedro Piñeiro': "Aurora tivo moitísima importancia nas aleacións de materiais. En 1961 estaba estudando as baterías nos coches. O grande impulso das baterías eléctricas veu por aquel traballo seu".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos