Medra a demanda de coches de 'renting' entre particulares
Medra a demanda de coches de 'renting' entre particulares
Unha de cada catro matriculacións faise a través desta modalidade.
Os clientes destacan a comodidade de ter unha cota fixa.
A modalidade do renting, ou sexa, alugar un vehículo a longo prazo a cambio dunha cota fixa, está en auxe. Agora tamén entre particulares.
A situación socioeconómica tras a pandemia, a espera para conseguir coches ou as dúbidas á hora de mercar un vehículo a combustión ou eléctrico agóchanse nunha modalidade que se adapta ás necesidades dos clientes.
O contrato de renting máis común é o dun alugueiro durante tres ou catro anos, en que os clientes buscan a comodidade de ter unha cota fixa, que nun coche medio está nuns 350 euros ao mes, sen preocuparse polos gastos derivados e sen un gran desembolso inicial.
Tamén hai quen opta polo renting ocasional, de fin de semana ou para determinadas viaxes, cun vehículo que se adapta ás necesidades.