Publicador de contidos
Publicador de contidos

Míchel Alonso logra unha reacción inmediata no Compostela (3-4)

Míchel Alonso logra unha reacción inmediata no Compostela (3-4)

O equipo santiagués gañou no campo da Ximnástica de Torrelavega nun espectacular partido

G24.gal 22/10/2023 19:19

Chegar e encher. O Compostela de Míchel Alonso arrincou cunha vitoria no campo da Ximnástica de Torrelavega. O equipo nin gañaba nin marcaba goles. Nun partido, vitoria a domicilio e catro tantos marcados. 

Iso que comezou o encontro co gol de Labsamba para os locais. Antes da media hora remontou o Compostela cos tantos de Eusebio Monzó e de Manu Barreiro. A Ximnástica empatou grazas a Javi Delgado pero Juampa volveu poñer as cousas no seu sitio cun gran gol de calcaño. 

O propio Juampa marcou o cuarto no segundo tempo e parecía sentenciar. Houbo que sufrir os últimos dez minutos logo do tanto de Javi Delgado que acurtou diferenzas pero a vitoria vén para Santiago, tres puntos moi necesarios que fan ver o futuro dun xeito moi diferente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade